FOTO/ A. Spikker

FOTO/ A. Spikker

Gonzalo Vázquez é licenciado en Filoloxía galega pola Universidade de Vigo e Máster en estudos teóricos comparados da literatura e da cultura pola Universidade de Santiago de Compostela.

Desde moi novo, ampliou a súa formación en lingua e literatura con incursións no campo das artes, entre as cales, o deseño ten ocupado un lugar principal. Froito desta actividade interdisciplinar (literatura/deseño) xurde a súa marca GV como vehículo canalizador do seu discurso.

Grazas á súa singular perspectiva da moda, ten sido seleccionado en varias mostras artísticas, ampliando o prefigurado eido das pasarelas cara ao espazo das artes, mostrando a súa obra en eventos interdiciplinares en Pontevedra, Santiago de Compostela, así como no Porto (Portugal) ou Turín (Italia).

Como docente, imparte Semiótica da moda, Socioloxía da moda e Historia da moda en España na Universidade da Sorbona de París, así como tamén lingua e literatura na mesma Universidade e no Instituto Cervantes de París, desde o ano 2012.

Ten impartido conferencias e seminarios na Universidade de Udine e na Universidade de Urbino (Italia) e na Universidade do Porto (Portugal), ten dirixido e organizado diversos eventos e congresos en España e Francia, e colabora habitualmente na prensa, nas seccións de literatura, de arte e de moda.

Actualmente reside en París, onde se adica á docencia, a participar en varios proxectos artísticos e de investigación e a dirixir a súa marca.