NOVAS

 

Como estranxeiro cheguei,

como estranxeiro marcho.

Maio agasalloume

con ramos de flores.

A rapaza falou de amor,

a súa nai ata de matrimonio…

Agora o mundo está tan turbio,

o camiño envolto en neve. [...]

W. Müller


AILLEURS: adverbio de ausencia(s)

Exposición fotográfica individual

 

Unha exposición fotográfica que propón unha reflexión intercultural arredor da ausencia nos temas universais do amor e a vida, o corpo e a beleza. Desde o cotiá do París do autor, ofrece unha reflexión breve e intensa sobre todo o que non está fisicamente no lugar da voz e a mirada: unha colección de imaxes que non nomea as cinzas, senón que fai visualizar o incendio.

 

04.03.2016 - 20.04.2016

PALACIO DE FONSECA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

 

Organiza:

Biblioteca internacional da diversidade cultural. Campus Culturae. USC.

 

SELECCIÓN OBRA